Presentación do proxecto

“MURALLA DIGITAL”. Aplicación das TIC á posta en valor do patrimonio cultural e histórico é un proxecto cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco da segunda convocatoria do Programa de Cooperación Transfronteriza España-Portugal 2007-2013 (POCTEP) que ten como obxetivo principal a creación dunha rede de cidades amuralladas de Galicia e Norte de Portugal que apostan pola xestión conxunta para a valorización do seu patrimonio histórico-arqueolóxico a través das Novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (NTIC´s).

Este proxecto caracterízase por:

- O seu carácter innovador xa que porá en marcha un novo concepto de comunicación, donde se poña en valor o patrimonio histórico-arqueolóxico de unha maneira dinámica e de máis rápida asimilación, xerando novos recursos máis visuales e interactivos a través do uso das novas tecnoloxías da información e a comunicación.

- O seu carácter transfronterizo, xa que vai a poñer en valor o patrimonio histórico-arqueolóxico da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal a través do traballo conxunto, estimulando o desenvolvemento de servizos comúns turístico-culturales, fomentando a utilización compartida e/ou en rede de equipamentos culturais, e dinamizando a cooperación entre entidades da administración pública rexional, axentes económicos, sociais  e culturais dos dous lados da fronteira.

Máis información